viernes, 26 de abril de 2013

OS MAIOS


Ola nais e pais!:
       Coa chegada do mes de Maio chega a Pontevedra unha festa popular moi coñecida e apreciada nesta cidade, na que se celebra a chegada da primavera,  é o tradicional Concurso dos Maios. Antigamente esta celebración consistía nunha adoración á natureza na que se pedía que a colleita fora boa e a terra dera máis froitos. Co paso dos anos converteuse na devandita festa.

    Para as persoas que descoñezan esta celebración da nosa cidade, sabede que os participantes do concurso son escolares, asociacións culturais, veciñais o xuvenís, e tal como dicía a tradición, o maio de Pontevedra, é de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de alto, adornado con produtos naturais (margaridas, laranxas, ovos, fiúnchos pampullos, cartuchos, camelias, calas, rosas silvestres) e bandeiriñas de papel. Ademais, irán acompañados por unha coroa, adornada con flores. Unha vez se presenten oficialmente tódolos maios, comezará o concurso no cal cada grupo subirá ao escenario e cantará a súa copla, desta forma tódalas persoas que están  na festa terán a oportunidade de observar e escoitar aos participantes con máis atención. Ao ser un concurso, ao finalizar a representación daranse premios económicos aos  participantes, ven sexa ao maio ou coroa máis orixinal ou as coplas. O grupo que non cumpra tódolos requisitos necesarios é descualificado e non pode optar aso premios.

      Invitámosvos a dar un paseo en familia pola popular praza da Ferrería o martes día 1 de Maio, a media mañá, para gozar desta tradición, e tamén recoller un pouquiño de información e as orixinais coplas que se escriben para acompañar aos Maios. Podedes traer ao centro fotos deste ano ou de anos anteriores, coas que faremos en cada aula un pequeno recuncho desta celebración.

      Agardamos que disfrutedes da festa  e nos contedes moitas tradicións interesantes sobre ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario