viernes, 26 de abril de 2013

II Xuntanza dos Maios


Ola nais, pais, ...

    Xa chega o gran día da II Xuntanza dos maios. O venres 3 de Maio esperámosvos as 17:00h no patio do instituto "Torrente Ballester". Será unha tarde moi especial que compartiremos todos.

    Esta será a copla que cantaremos todos xuntos unha vez rematado o noso maio: 
      

Boas tardes teñan
donas e señores
neste tres de maio
todo cheiño de flores


A nosa cociñeira
prepara cosas moi ricas
para que os nosos nenos
poidan medrar moi deprisa


Para os nosos nenos
os maios e a sua festa
ben adornados de flores
e froitos das nosas leiras.


As nosas educadoras
fan calares de pampullos
pasaron moito traballo
para facer este maio


Entre mocos e cueiros
facemos actividades
as familias traballades
carretando materiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario