jueves, 17 de enero de 2013
O SAMAÍN
Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconvirtiu no Día de Tódolos Santos. O Samaín coincide coa noite do 31 de outubro ao 1 de novembro.
ANO VELLO-ANO NOVO
Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano. Terminaba o tempo das derradeiras colleitas uvas, millo, cabazas… e, con el o ano vello, e daba comenzo o inverno e, con el, oano novo.
A VISITA DOS FAMILIARES MORTOS
Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Disque, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e aos seus parentes. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, coseu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
A VISITA DOS INIMIGOS MORTOS
Outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegasen aos castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
SAMAÍN-HALLOWEEN
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo, poido ser levada no século XIX e comenzos do XX polos emigrantes irlandeses a terras americanas e alí transmutouse nun carnaval outonal.
¡¡FORA O MEDO CO SAMAÍN!!
(Texto elaborado con diversasfontes webgráficas)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario