Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young People), promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Na Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola” presenta unha mostra, que se pode visitar ata o 14 de abril, baixo o título “Andersen ilustrado” e inclúe unha selección de libros de ilustradores galardoados co Premio Andersen.
No seguinte enlace podedes atopar escritores, ilustradores e editores do libro infantil e xuvenil:
¡DISFRUTADE LENDO, CONTANDO, NARRANDO COS VOSOS FILLOS E FILLAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario