O polo Pepe come moita cebada
por iso a barriga ten tan inchada
Polo Pepe, non comas tanto
que te pos moi maliño
e non dás un salto.
O polo Pepe come o trigo enteiro
e trágao a puñados co seu peteiro
Polo Pepe …
O polo Pepe come os grans de millo
das súas grandes patas, como me río!
Polo Pepe …
O polo Pepe chama a súa mama
e vén cacarexando, que grande está!
Polo Pepe …
No hay comentarios:
Publicar un comentario